[Accede a la versión en castellano aquí.]
Dirixida por Ingmar Bergman en 1957, O Sétimo Selo é considerada unha das obras mestras da historia do cinema e por riba conta co mérito de recibir un aprobado xeral por parte do mundo da historiografía. Isto non é pouco dicir, se temos en conta a reticencia habitual dos espazos académicos a valorar un campo creativo que é quen de achegar a Historia ás masas moito máis do que eles e que, ademais, en moitas ocasións ignora os seus estudos en pro dunha maior riqueza narrativa ou estética. Parece que nesta ocasión o cara a cara coa morte dun cruzado retornado á súa Suecia natal, asolada pola peste e outra serie de fenómenos propios do catastrófico século XIV, si deu no corazonciño dos investigadores que viron, finalmente, un Medievo críbel plasmado no proxector. Mais por que é que non se pasou esta obra pola crítica demoledora á que, con razón, si se someteron outros filmes, tanto coevos como actuais? A resposta é, como case sempre, múltipla, mais achamos que cun denominador común claro: o director esforzouse porque a súa recreación estivese ben fundamentada. Continue reading